div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A dobre entrega de 'Cos pés na terra' de hoxe amosa o día a día dun canteiro, dun gandeiro e dunha cesteira no rural

O programa (21:45 h) tamén coñecerá os segredos do cultivo das oliveiras, dunha produtora de faba loba e da cría das vacas Angus

csag.gal 14/10/2025 00:01

Santiago, 14.10.2025.-    Este martes á noite, a Televisión de Galicia trae de volta ‘Cos pés na terra’, programa que lles achega aos espectadores a realidade do rural galego a través das súas xentes e proxectos únicos.  Na primeira emisión de hoxe, o equipo de ‘Cos pés na terra’ vaise meter de cheo na profesión de canteiro coa axuda de Abraham, un rapaz con vontade de pedra, corazón de lume e ferro, e afeito a enfrontarse os retos máis grandes. 

O programa tamén visitará a Terra de Trives, onde medran as oliveiras de Emiliano e Marta, pai e filla que decidiron emprender nun mundo onde hai días en que os cultivos caen do ceo. As últimas protagonistas desta edición serán as vacas Angus. A audiencia coñecerá a Manuel, criador desta raza de vacún, con quen aprenderán unha chea de cousas, algunha delas ben chea de enerxía.

Na segunda entrega, ‘Cos pés na terra’ sairá de ruta con Delfín, veterinario e gandeiro sempre alerta a calquera urxencia que apareza no camiño e sempre atento á hora de coidar as súas propias ovellas galegas, negras ou brancas. O programa da TVG ten tamén unha cita con Luísa, cesteira coa que os espectadores van aprender que a imaxinación non ten límites á hora de facer pezas con diferentes materiais nin cando de adornar o xardín se trata. ‘Cos pés na terra’ despídese esta semana da man da produtora de faba loba Noelia e da súa compañeira Manoli, con quen coñecerá as bondades deste manxar ourensán. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade