div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A cantante Silvia Superstar será hoxe a compañeira de aventuras dos protagonistas de 'Palmira Lará'

Miguel Lesta e Leticia Rei asistirán en Vigo a un ensaio da orquestra folk máis grande de Europa

csag.gal 15/06/2026 00:01

Santiago, 15.06.2026.-    O programa ‘Palmira Lará’ segue acompañando este luns a Miguel Lesta e Leticia Rei, dous profesores de baile tradicional e divulgadores da nosa cultura, que levan anos percorrendo Galicia na recollida e recompilación de cancións, bailes e historias transmitidas de xeración en xeración.

Desta volta, desprazaranse a Vigo para asistir a un ensaio da orquestra folk máis grande de Europa. Despois porán rumbo a Ourense, pero acabarán perdéndose na raia portuguesa e chegarán a unha aldea en que o instrumento estrela é a concertina.

Ao día seguinte, espertarán nun hotel, onde terán un encontro cunha inesperada compañeira de aventuras: Silvia Superstar, á que lle van descubrir como eran as festas de antes na aldea de Cebral.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade