div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Saúde e Rock and Roll' chega a Radio Galega Música

O podcast musical, presentado por Ricardo Alonso, levará a súa viaxe pola historia dos grandes himnos do rock a Radio Galega Música

Cada venres, novos contidos en Radio Galega Música ás 22:00 h e en AGalegaAudio.gal

csag.gal 12/01/2026 15:46

Santiago, 12.01.2026.- Os clásicos do rock e do pop coas historias que hai detrás das cancións chegan a Radio Galega Música os venres ás 22:00 h. Da man de Ricardo Alonso, cada semana, o programa ‘Saúde e Rock and Roll’ levaranos de viaxe pola historia dos grandes himnos do rock a través das anécdotas e curiosidades que hai detrás dos clásicos da música rock e pop e que seguen marcando xeracións.

O espazo é xa accesible na plataforma dixital e agora tamén en Radio Galega Música os venres ás 22:00 h.

AGalegaAudio.gal é a plataforma de referencia da radio en galego en que se atopa toda a programación da Radio Galega, así como un amplo abano de podcasts, videopodcasts e contidos nativos exclusivos de humor, cine, historia, ficción, cultura, deporte, música, etc. A plataforma é gratuíta e está á disposición da audiencia desde calquera parte do planeta. Pódese descargar desde Google Play, Apple Store, Chromecast e nas principais televisións intelixentes (dispoñible para descargar en versión iOS e Android).

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade