div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'O que a G esconde' mergúllase este domingo no arquivo da TVG para falar dos coñecidos como calotes do amor

Con motivo da estrea o vindeiro martes da serie ‘O home perfecto’, que trata este tipo de estafas, o programa ofrecerá unha recreación de como se van fraguando estas relacións e falará con membros dos corpos de seguridade para saber como evitalas

csag.gal 19/10/2025 02:00

Santiago, 19.10.2025.-    A Televisión de Galicia ofrece este domingo pola noite unha nova entrega da serie ‘O que a G esconde’, que emprega o vasto arquivo documental da canle pública para afondar en temas que conmocionaron a opinión pública. 

Deste xeito, o programa seguirá mergullándose no arquivo da CSAG, un lugar onde hai milleiros de historias por contar e que agocha segredos por descubrir, para achegarse ás ducias de casos de estafas ou calotes do amor que comezaron a proliferar en Galicia durante a última década.

Co pano de fondo da estrea o vindeiro martes da serie ‘O home perfecto’, que trata este tipo de enganos, ‘O que a G esconde’ ofrecerá unha recreación de como se van fraguando estas relacións que acaban en en calotes de elevados importes. Tamén recollerá moitas das operacións policiais levadas a cabo nos últimos anos arredor das coñecidas como estafas do amor, e contará co testemuño de policías e garda civís que explicarán como se producen e como evitalas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade