div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Luar' celebra a final de 'Recantos', con Paloma San Basilio e La Terremoto de Alcorcón como estrelas convidadas

Os finalistas do certame, José Carballido e Natalia Rivera, compiten con dúas grandes cancións, nunha noite con moita música, humor e emocións compartidas

Natalia Rivera e José Carballido, recanteiros finalistas en 'Luar'. Natalia Rivera e José Carballido, recanteiros finalistas en 'Luar'.
csag.gal 18/07/2025 00:01

Santiago, 18.7.2025.-  ‘Luar’ (21:45 h) ofrece unha noite para lembrar coa gran final da 15ª edición de ‘Recantos’, o popular certame de novos talentos musicais da TVG. Os finalistas, José Carballido (representante de Noia–O Barbanza) e Natalia Rivera (Terras da Coruña), competirán polo título interpretando dous temazos: ‘Sobrevivirei’ e ‘E como é el?’. O xurado, formado por Laura Añón, Fátima Pego e Manuel deAndrade, terá hoxe a difícil tarefa de decidir o gañador.

O espazo contará, entre o seu elenco de convidados, coa icónica Paloma San Basilio, unha das grandes voces da música española, que achegará ao escenario a súa elegancia e traxectoria chea de éxitos. A ela súmase a versátil e carismática La Terremoto de Alcorcón, que achegará ritmo, diversión e espectáculo á velada.

A parte musical completarase coas actuacións do grupo Barahúnda, que mestura tradición e sonoridades contemporáneas; a posta en escena da ‘Muiñeira de Eduardo Veiras’, interpretada pola escola de baile irlandés Claire McDowell School e Os Viqueiras de Ordes; a Orquestra Nueva Fuerza, coa súa forza sobre o escenario, e as Pandeireteiras Pituquiñas, que poñen en valor o patrimonio musical galego.

No apartado do humor, o programa contará con Campos e Crespo, que volverán arrincar as risas do público nas súas intervencións. E para pechar a noite e a edición por todo o alto, os recanteiros e recanteiras da tempada interpretarán xuntos ‘Luz de Luar’, nun emotivo broche final a unha edición chea de talento.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade