div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Cos pés na terra' amosa un proxecto ecuestre e visita a comunidade de montes de Couso

O programa da TVG tamén mantén hoxe unha cita cun produto mítico como é a pataca de Coristanco

crtvg.gal 16/06/2025 00:01

Santiago, 16.6.2025.-    O programa ‘Cos pés na terra’ (22:45 h), que emite cada semana a Televisión de Galicia e lle permite aos telespectadores coñecer historias apaixonantes de persoas que, con esforzo e tesón, elixen como opción inequívoca quedar no rural como medio de vida. 

‘Cos pés na terra’ comeza o programa deste luns ao galope. O espazo da TVG amosará o proxecto ecuestre de Sara, Mar e Edu, tres rapaces de fóra que atoparon en Galicia o seu recuncho no mundo, un recuncho cheo de amigos.

O programa tamén visitará a comunidade de montes de Couso. Da man do seu presidente, Xosé Antón, descubrirá algunhas das iniciativas para sacarlle rendemento ao territorio a base de froitos, cogomelos e baños.

Ademais, ‘Cos pés na terra’ ten esta noite unha cita cun produto mítico: a pataca de Coristanco. Os espectadores coñecerán a Miguel, o seu produtor, co que traballarán a pé de leira e co que descubrirán o ‘lavapatacas’, un invento de seu sogro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade