div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Conectad@s en familia' estrea temporada en Televisión de Galicia examinando a seguridade nas redes sociais

Pais e nais compartirán as súas preocupacións pola presión social que leva a moitos adolescentes a participar en retos virais para evitar a exclusión do grupo, este sábado na G2 (21:15 h.) e na plataforma AGalega.gal

A Galega continúa a promover a alfabetización mediática e a creación de contidos orientados á formación e ao benestar da cidadanía

csag.gal 19/02/2026 17:02

Santiago, 19.02.2026.-    ‘Conectad@s en familia’ regresa este sábado á Televisión de Galicia (G2, 21:15 h) cunha nova temporada que continuará impulsando o diálogo social arredor do impacto da tecnoloxía na vida da infancia e da adolescencia. Cada semana, o programa abordará diferentes cuestións vinculadas coa alfabetización mediática e coas Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC).

Na primeira entrega, un grupo de adolescentes reflexionará sobre o fenómeno dos retos virais nas redes sociais, desde aqueles aparentemente inofensivos ata outros que poden supoñer un risco real para a saúde e a integridade das persoas. Pais e nais compartirán tamén as súas inquedanzas ante a presión social que perciben nos seus fillos e fillas para participaren nestas prácticas e evitar a exclusión do grupo. 

Para pechar o espazo, o profesor universitario e investigador Antonio Rial Boubeta ofrecerá claves e recomendacións para afrontar esta realidade dixital desde a prevención, o acompañamento familiar e a educación crítica.

Con ‘Conectad@s en familia’, os medios públicos galegos reafirman o seu compromiso coa alfabetización mediática e coa creación de contidos que contribúan á formación, á reflexión e ao benestar da cidadanía, especialmente no caso da infancia e da adolescencia. Tras a súa emisión, o programa quedará dispoñible en AGalega.gal, facilitando o seu acceso e reforzando o seu valor como servizo público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade