div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Radio Galega vive o O Son do Camiño cun programa especial de 'A Tarde' desde o Monte do Gozo

O espazo da Radio Galega ofrecerá catro horas de programación con entrevistas a artistas e organizadores, e reportaxes sobre todos os aspectos que rodean o festival

A emisora pública axudará a vivir o certame MELLÓR Á GALEGA

csag.gal 18/06/2026 12:17

Santiago, 18.06.2026.-  O magazineA Tarde’ da Radio Galega emite este xoves (15:00 h) un especial en directo desde O Son do Camiño, coincidindo coa apertura do festival no Monte do Gozo. Ao longo de catro horas de programación en directo, o espazo presentado por Antón Rebollido ofrecerá unha visión completa do evento a través de conexións en directo, entrevistas e reportaxes sobre todos os aspectos que rodean o festival.

Falarán nos micrófonos da emisora Isabel Insua, responsable de comunicación do festival; o artista lucense Habló Pablo, encargado de abrir esta edición; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e Carlos Rodríguez, codirector de O Son do Camiño. Tamén participará o crítico musical Tito Lesende, que analizará a proposta artística do cartel deste ano.

O especial achegarase ademais á experiencia do público e á organización do festival, con contidos sobre o funcionamento do Punto Lila, a seguridade do recinto, a zona de acampada, a oferta gastronómica, a hospitalidade dos músicos e o traballo do rexedor de escenario. As conexións de Raúl Villares, Helena Soto e Iago Castro permitirán coñecer o ambiente en tempo real desde diferentes puntos nesta edición especial de ‘A Tarde’, convertendo a Radio Galega nunha fiestra aberta ao maior festival musical de Galicia, que se vivirá MELLOR Á GALEGA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade