div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia e Radio Galega, recoñecidas polo seu apoio á VIG-BAY no 25º aniversario da carreira

O popular medio maratón celebrouno en Vigo este venres nun acto que reuniu colaboradores, patrocinadores e medios de comunicación 

Xoán Galán, xefe de deportes da Corporación, recolleu a distinción á CSAG 

csag.gal 27/02/2026 12:31

Santiago, 27.02.2026.–  Televisión de Galicia e Radio Galega foron recoñecidas polo seu apoio constante á VIG-BAY, o histórico medio maratón que cada primavera desde hai 25 anos une deporte, paisaxe e emoción nun percorrido único entre Vigo, Nigrán e Baiona.

A popular proba, referente do atletismo galego, celebrou este venres o aniversario cun acto en Vigo que reuniu os colaboradores, patrocinadores e medios de comunicación que fixeron posible a súa evolución e consolidación ao longo de dúas décadas e media. 

Xoán Galán, xefe de Deportes da Corporación, recolleu a distinción en nome da CSAG, agradecendo o recoñecemento e reafirmando o compromiso da radio e televisión públicas co deporte galego e cos grandes eventos que promoven valores de participación, saúde e comunidade.

Durante este tempo, os medios públicos galegos acompañaron cada edición da carreira, levando ás pantallas e ás ondas non só a competición deportiva, senón tamén as historias de superación, esforzo e espírito colectivo que definen a VIG-BAY. Un labor de difusión que contribuíu decisivamente a reforzar a súa proxección e a convertela nunha das citas deportivas máis queridas do calendario do atletismo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade