div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Roberto Vilar e Eva Iglesias lideran este martes unha dobre sesión de humor no 'prime time' da TVG

Poderase gozar dunha entrega do programa con novos convidados e máis comedia, así como dun novo ‘Por Rober abandónasme’, con algúns dos sketchs máis divertidos do universo ‘Land Rober’

csag.gal 16/06/2026 00:01

Santiago, 16.6.2026.-   A TVG propón este martes unha noite completa de humor da man de dous formatos que teñen o selo inconfundible de Roberto Vilar. A primeira cita será unha nova entrega de ‘Land Rober + Show’ (21:45 h), con convidados e novas historias cargadas de comedia.  A continuación, chegará ‘Por Rober abandónasme’, unha escolma dos sketchs máis divertidos e das situacións máis disparatadas protagonizadas polos personaxes que mellor retratan a actualidade desde a retranca.

'Land Rober + Show’ recibirá este martes un convidado moi vinculado ao mundo das series e da televisión. Xunto ao colaborador Dani Fernández Carril, conversará sobre a súa forma optimista e vitalista de afrontar o día a día. Ademais, Xurxo Carreño traerá o reto culinario máis esixente ata o momento. En canto á ficción, Roberto Vilar e Eva Iglesias interpretarán un sketch acerca dun eclipse solar.

Deseguido, en ‘Por Rober abandónasme’, a audiencia volverá atoparse coas peculiares solucións que os personaxes do universo ‘Land Rober’ lles buscan aos asuntos do día a día. Entre as propostas de hoxe estará a singular ‘Policía do Like’, protagonizada por Eva Iglesias e Roberto Vilar; un revolucionario ballet pensado para os hospitais, en que tamén participa Rocío Varela no papel de doutora; a primeira entrevista concedida por uns astronautas galegos tras o seu regreso da misión Artemis 2, coa colaboración de Juanra Baños, amais dunha divertida reflexión arredor dos coches orientais.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade