div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Por primeira vez, os concursantes de 'Bailamos' votan polo seu favorito/a, engadíndolle suspense á clasificación da noite

A dinámica grupal na academia permitiralles abrirse e revelar historias persoais, ao tempo que semella xurdir o amor

csag.gal 14/03/2026 00:01

Santiago, 14.3.2026.-  O programa desta semana de ‘Bailamos’ (22:00 h) trae o inicio dunha posible historia de amor, un toque de atención dos mestres a unha concursante e un xurado esixente que incomodará non só os concursantes, senón tamén os familiares. Ademais, Álex vivirá momentos difíciles, pasando noites no hospital co seu pai e, nesta gala, a súa muller terá un papel especial, con algo que dicirlle nunha noite que se prevé emotiva. 

Na academia, os concursantes participarán nunha dinámica grupal para reflexionar sobre si mesmos e coñecer mellor os compañeiros. Aflorarán confesións e historias persoais, abrirán portas á súa vida e tamén descubrirán pequenos segredos do xurado. Pola súa parte, os profes intervirán para corrixir actitudes e poñer orde na academia.

A tensión tamén se manterá na pista de baile. Os participantes traballarán novas dinámicas de confianza, reforzarán a compenetración en parella e sairán da súa zona de confort en estilos diferentes, combinando técnica, interpretación e emoción. 

Unha das grandes novidades desta gala, presentada por Arturo Fernández, é que os concursantes terán máis voz: poderán votar polo seu favorito e decidir quen merece cinco puntos extra pola súa entrega durante a semana, engadindo un xiro inesperado á puntuación final. Así pois, este sábado, en ‘Bailamos’, os concursantes non só bailarán e interpretarán, senón que tamén terán máis poder para decidir quen brilla sobre a pista e quen se achega aos 10.000 € do premio final. 

Será tamén un programa en que conseguir o 12 será todo un desafío, xa que o xurado amosará unha crítica especialmente esixente esta semana e o gañador ou gañadora non será comprendido por todos, desatando a inconformidade explícita dalgúns compañeiros. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade