Pontevedra acolle as galas de estrea de 'Me has robado el corazón' e 'Liñas discontinuas' participadas pola Televisión de Galicia - CSAG
Pontevedra acolle as galas de estrea de 'Me has robado el corazón' e 'Liñas discontinuas' participadas pola Televisión de Galicia
‘Me has robado el corazón’, protagonizada por Óscar Casas e Ana Jara, proxectouse no Museo Provincial
A estrea da cinta ‘Liñas descontinuas’ inaugurou o Festival Novos Cinemas tamén en Pontevedra

Santiago, 10.12.2025.- Estrea dobre este martes en Pontevedra, que se vestiu de gala para celebrar o cinema galego apoiado pola Televisión de Galicia.
O Museo Provincial de Pontevedra acolleu a alfombra vermella da película ‘Me has robado el corazón’, participada pola canle pública e protagonizada por Óscar Casas e Ana Jara. Os actores da cinta Antonio Pagudo, Xurxo Carreño, Lucía Veiga e Francis Lorenzo participaron tamén na estrea, nun evento ao que acudiron os produtores da película, Mamen Quintas e Julio Casal, e no que a CSAG estivo representada polo seu director de Proxección Social, Xaime Arias. Asistiron tamén o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; e o director de Agadic, Jacobo Sutil.
Festival Novos Cinemas
Este mesmo martes, e tamén en Pontevedra, inaugurouse o Festival Novos Cinemas coa proxección no Teatro Principal da cinta ‘Liñas descontinuas’, participada pola Televisión de Galicia. A xefa de Contidos da CSAG, Montse Besada, acudiu ao pase da película. Despois da súa recente estrea mundial no Festival Internacional de clase A Tallinn Blacknights Film Festival e da estrea nacional no Festival de Xixón, o filme ten a súa estrea galega no festival pontevedrés.