div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os verbeneiros Lito Garrido e Laura Añón participan esta noite nos excitantes xogos de 'Malas pécoras'

Desta volta, o programa porá o foco no autocoidado persoal e, ademais, fará un repaso pola sexualidade de culturas moi diferentes ao longo da historia 

csag.gal 29/01/2026 00:01

Santiago, 29.1.2026.-   Lito Garrido, auténtico showman da orquestra Panorama, e Laura Añón, cantante e colaboradora televisiva, son os convidados a divertirse no programa ‘Malas Pécoras’ (22:40 h) deste xoves. As presentadoras deste divertido espazo de entretemento da TVG farán un repaso polas novas máis curiosas do momento e pola sexualidade de culturas moi diferentes ao longo da historia. Ademais, María Mera entrevistará a experta Lucía Coutado, que porá o foco sobre o autocoidado persoal, e Eva Iglesias terá preparados os xogos máis excitantes para desvelar a cara máis descoñecida dos convidados. 

Deste xeito, as presentadoras María Mera e Eva Iglesias proporán parar un momento para reflexionar sobre como se vive e as autoesixencias, porque coidarse non debería de ser un luxo, senón unha necesidade. Afondarán sobre o impacto de consumir demasiada información negativa, a importancia da meditación para reducir o estrés, os beneficios do mindfulness e un concepto que esperta curiosidade: o ‘puttering’. Algo que presentadoras e público poñen en práctica no estudio. 

Haberá tamén espazo para o ‘Test das Pécoras’, con confesións, primeiras veces e reflexións sobre fidelidade, ademais de xogos e sorpresas que deixarán momentos tan sinceros como divertidos. E a parte máis reflexiva chegará da man de Lucía Coutado, educadora social especializada no autocoidado das mulleres, que falará da carga mental, especialmente feminina, e da necesidade de aprender a parar antes de que o corpo obrigue. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade