div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Os espectadores de 'Casamos!' serán hoxe testemuñas da voda de Alba e Diego, dous mozos de Vigo que casan con menos de 25 anos

Levan xuntos desde adolescentes e agora, cun fillo en común, deciden dar o paso de comprometerse para sempre

Na segunda entrega desta noite coñecerase a historia de Maru e Esteban, parella que tras darse unha segunda oportunidade, casa agora por todo o alto 

csag.gal 27/10/2025 00:01

Santiago, 27.10.2025.-  Os espectadores do programa ‘Casamos!’ (21:45 h) coñecerán este luns a Alba e Diego, dous mozos de Vigo que casan con menos de 25 anos. Levan xuntos desde que son adolescentes e agora, cun fillo en común, deciden dar o paso de comprometerse para sempre.

Despois de dez anos xuntos e de atravesar bos e malos momentos, a parella vai casar nunha voda familiar e moi divertida, da que serán testemuñas os espectadores da Televisión de Galicia.

A noite continúa na TVG cunha segunda entrega de ‘Casamos!’, en que a audiencia coñecerá a historia de Maru e Esteban, parella que, tras darse unha segunda oportunidade, casa agora por todo o alto. 

Maru e Esteban coñecéronse nunha festa de Fin de Ano cando tiñan 18 anos. Aquela noite non conectaron, pero ao cabo duns meses Maru viu a Esteban vestido de vaca pola rúa, fíxolle moita graza e faloulle polas redes sociais. Despois dunhas cantas conversas quedaron en persoa e iniciaron unha relación que, dada a falta de madurez de ambos os dous, non rematou moi ben. Decidiron distanciarse e non saber nada o un do outro. Pasaron varios anos ata que ela decidiu felicitalo polo seu aniversario. Aquel pequeno xesto uniunos de novo para sempre e agora casan nunha voda por todo o alto rodeados de familia e amigos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade