div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O crime dos Tilos, un dos máis estarrecedores da crónica negra galega, protagonista esta noite en 'Expediente Oculto'

O programa tamén volverá sobre a desaparición en Vigo do mozo Joel Fernández, e repasará as penas dos sete galegos condenados a prisión permanente revisable

csag.gal 18/05/2026 02:00

Santiago, 18.05.2026.-    O programa ‘Expediente Oculto’ (22:45 h) falará este semana dun crime que conmocionou a sociedade e que perdura na memoria colectiva, pese a que transcorreron case 40 anos. Ocorreu en 1988 nos Tilos, preto de Santiago, onde un home que pensaba que a súa muller tiña o demo dentro despezouna na cociña da casa diante das súas fillas menores, unha de catro anos e a outra, de só dous meses. Tolemia e maldade déronse a man aquela tarde de abril que segue moi presente na crónica negra galega e que o espazo da TVG tratará co máximo rigor e respecto.

O espazo presentado por Patricia Abet tamén abrirá o expediente da desaparición de Joel Fernández, un mozo de 22 anos, amante do skate e da moda que desapareceu en Vigo en 2022. O último sinal do seu móbil rexistrouse minutos despois de saír da súa casa a medianoite cunha mochila e sen dar explicacións.

Ademais, ‘Expediente Oculto repasará as penas dos sete galegos condenados a prisión permanente revisable, unha medida que se introduciu en 2015 e que se aplica en casos de extrema gravidade. O Chicle, David Oubel ou Ana Sandamil son nomes que todo o mundo lembra, capaces de poñer a carne de galiña polo recordo que aínda perdura dos horribles crimes que cometeron. 

As claves de todos estes casos poranse enriba dunha mesa en que hoxe sentarán os colaboradores Xurxo Melchor, Jorge Sobral, José Antonio Vázquez Taín e Manuel Míguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade