div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O antepenúltimo partido do Celta, este martes nun especial 'Galicia en Goles' da Radio Galega

Se derrota o Levante, o equipo de Claudio Giráldez estará máis preto de garantir a praza europea a vindeira temporada

csag.gal 11/05/2026 17:15

Santiago, 11.05.2026.-    A Radio Galega e AGalegaAudio.gal emiten este martes unha edición especial de ‘Galicia en Goles’ desde as 18:45 h e ata as 22:00 h. Serán máis de tres horas de cobertura para acompañar o Real Club Celta de Vigo nun dos compromisos máis transcendentais da temporada: a antepenúltima xornada da Primeira División.

O partido ante o Levante en Balaídos ten en xogo moito máis que tres puntos. O conxunto celeste chega a esta xornada pelexando por repetir presenza na Europa League e con opcións vivas de acceder á quinta praza que dá billete á UEFA Champions League. A falta de que se poñan en xogo os últimos nove puntos da competición para cada equipo, os celestes están a catro da Champions, polo que necesitan sumar tres vitorias e que o seu rival falle polo menos en dous encontros. A lóxica convida a pensar en que o obxectivo real é garantir a sexta praza, tendo agora mesmo un colchón de cinco puntos sobre o Xetafe.

Roberto Carlos Carballo porase un día máis a fronte do micrófono para repartir xogo entre os integrantes dun amplo equipo de profesionais para ofrecer a mellor cobertura posible. Víctor López, Moncho Carnero, Xosé Valtierra e Mr. Asubío contarán todo o que suceda durante os 90 minutos xogo sobre o céspede do estadio de Balaídos. Curiosamente é na casa onde o equipo de Claudio Giráldez obtivo peores resultados este curso, sumando 20 puntos e perdendo ata sete encontros. Mentres, a domicilio bateu o rexistro de mellor puntuación e, a falta da visita a San Mamés, ten xa 30.

Todos estes datos confirman que está facendo unha das mellores campañas da historia recente. O equipo vigués confirmou o seu bo momento na pasada xornada cunha vitoria de prestixio a domicilio no Metropolitano, onde se impuxo ao Atlético de Madrid cun gol do seu dianteiro Borja Iglesias. O santiagués está nun nivel que non pasa desapercibido para o seleccionador nacional, xa que as súas actuacións incrementan día a día as posibilidades de estar na lista definitiva para o Mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade