div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Nova noite de humor na TVG na compaña do 'Land Rober + Show'

Dobre cita con Roberto Vilar (21:45 h), que recibe a visita dun recoñecido referente en medicina e, a continuación, achegará as divertidas historias protagonizadas por Dosinda e Paco da Gasolineira, entre outros

csag.gal 18/06/2026 00:01

Santiago, 18.6.2026.-    A TVG propón este xoves unha nova noite de humor da man de Roberto Vilar, cunha dobre cita formada pola entrega do ‘Land Rober + Show’ e, a continuación, por ‘Por Rober abandónasme’, unha escolma de sketchs protagonizados por algúns dos personaxes máis queridos do universo do programa.

A primeira parada da noite será en ‘Land Rober + Show’, que despedirá a semana coa visita dunha auténtica eminencia no ámbito da medicina. Considerado un dos maiores referentes mundiais no seu campo, o convidado compartirá experiencias nunha conversa chea de interese e bo humor. Por outra banda, na ficción, Roberto Vilar e Eva Iglesias interpretarán un sketch acerca dun premio dun soldo mensual de por vida.

Deseguido chegará ‘Por Rober abandónasme’, unha recompilación de historias e personaxes que forman parte da esencia de ‘Land Rober’, como son Marcos Pereiro, Eva Iglesias e Roberto Vilar. Nesta ocasión, a audiencia poderá reencontrarse con Dosinda, que fará fronte á retirada do seu teléfono fixo; cunha peculiar panadeira obrigada a reinventarse para evitar problemas coa Garda Civil; e con Paco da Gasolineira, sorprendido polo sistema de autoservizo do restaurante de Dosinda. A selección incluirá tamén unha visita hospitalaria marcada polas situacións máis disparatadas e unha recadación de diñeiro entre os convidados a unha voda, nunha nova mostra do humor irreverente que caracteriza as propostas do ‘Land Rober’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade