div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Noite inesquecible en 'A liga dos cantantes extraordinarios', con homenaxes e actuacións únicas

Celebraranse dous dúos e o ‘medley’ dos padriños renderalle homenaxe ás cancións populares galegas

csag.gal 10/01/2026 00:01

Santiago, 10.1.2025-  Este sábado á noite chega unha entrega inesquecible de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (21:55 h), que deixará momentos históricos no programa e unha forte pegada no eido musical. Iago comezará o concurso transformado en Michael Jackson. Nesta  homenaxe a ‘Thriller’ converterase o estudio nun cemiterio cheo de zombis. Pero a ‘Liga’ está máis viva ca nunca e ao xurado cada vez lle custará máis decidirse por cales son as mellores actuacións. 

Pola súa parte, Diego segue evolucionando como concursante no programa, onde hoxe cantará ‘Amante bandido’. Cómpre destacar nesta edición a celebración de dous dúos, o formado por María e Carlos, que interpretarán o coñecido tema ‘Te estoy amando locamente’, e o de Sabe e Virginia, coa canción ‘Mañá, hoxe e sempre’.

Tras o ‘medley’ dos padriños que lle renden homenaxe ás cancións populares galegas, chega un dos momentos máis emocionantes do concurso coa posta en escena do segundo dúo, unha interpretación con tanto respecto e sensibilidade que as súas voces perfectamente empastadas provocarán bágoas de emoción en todo o estudio, que caerá rendido aos seus pés. Unha actuación como di Reixa “memorable” e que, como lles indica Iago, mesmo as Tanxugueiras van estar orgullosas. Nesta entrega producirase outro dos momentos que fan historia da música, unha sentida homenaxe a Lito da Panorama. 

Yey saltará a continuación para encher de ritmo e alegría o escenario con ‘Vivir mi vida’; Lucía acudirá enferma a esta gala, feito que non fará evidente, xa que malia a febre e o malestar deixará abraiados a todos con ‘Por los caminos de la vida’, e pechará o programa David, co tema ‘María’. Noite difícil para o xurado que terá que decidir que tres concursantes se clasifican para a final.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade