Lula e Juan, dous arxentinos que comezaron unha nova vida en Galicia, renovan hoxe os seus votos en 'Casamos!' - CSAG
Lula e Juan, dous arxentinos que comezaron unha nova vida en Galicia, renovan hoxe os seus votos en 'Casamos!'
Rodeados do agarimo dos seus amigos e seres queridos, celebran no só o amor, senón tamén a unidade da familia

Santiago, 03.11.2025.- Hai tres anos, Lula e Juan, protagonistas do ‘Casamos!’ (21:50 h) deste luns, decidiron dar un xiro radical ás súas vidas. Deixaron atrás a súa Arxentina natal para comezar de novo en Galicia, concretamente no Grove. Aquí iniciaron unha nova etapa desde cero, construída con esforzo, ilusión e valentía. O camiño non foi doado: para chegar ata aquí tiveron que despedirse da súa vida anterior e vendelo absolutamente todo.
Agora, no ano en que celebran o seu vixésimo aniversario de voda, Lula e Juan renovan os seus votos rodeados do agarimo dos seus amigos e seres queridos, celebrando non só o amor, senón tamén a unidade da familia.