div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Este mércores, sesión continua de baloncesto feminino na G2 e AGalega.gal, cos partidos da Eurocup Sleza Wroclaw-Baxi Ferrol e Ensino Lugo-Panserraikos

Desde as seis e media da tarde, retransmisión da terceira xornada, en que os dous equipos galegos necesitan gañar para seguir aspirando á clasificación

csag.gal 27/10/2026 08:00

Santiago, 27.10.2026.-  Os dous equipos galegos da Eurocup Women xogan este mércores a terceira xornada da fase de grupos co mesmo reto: sumar a súa primeira vitoria europea fronte a rivais que chegan coas mesmas cifras, dúas derrotas en dous partidos. A G2 e AGalega.gal ofrecerán en directo as dúas citas, a primeira é ás seis e media da tarde desde Polonia co Ślęza Wrocław–Baxi Ferrol. Ao remate comezarán a emisión do Ensino–Panserraikos, no Pazo dos Deportes de Lugo. 

No Grupo D, o Baxi Ferrol, subcampión da competición en 2024-25 e clasificado tras superar o Beroe Stara Zagora na ronda previa (161-119 no global), perdeu 96-68 ante o Olympiacos e 42-85 na Malata ante o Mersin, vixente campión. Os turcos gañaron tamén 72-59 á Ślęza, que despois caeu 68-78 ante o Olympiacos. Así, Mersin e Olympiacos lideran con dúas vitorias, mentres que o Ślęza é terceiro pola diferenza de puntos e o Baxi é o último.

Na liga Endesa, o Baxi chega con bo pulso xa que é oitavo con tres vitorias e dúas derrotas, despois de superar o sábado o Gernika (76-71). O Ślęza, cuarto clasificado da liga polaca na pasada temporada e gañador da Copa de Polonia en xaneiro, arrincou o campionato con vitorias en Cracovia ante o Wisła (53-86), sobre o Artego Bydgoszcz (83-30) e sobre o Lublin, vixente campión (79-75), e cunha derrota en Sosnowiec (76-72).

No Grupo J, o BLMA Lattes Montpellier e o Gorzów lideran con 2-0, e o Ensino e o Panserraikos pechan a táboa con 0-2. O Ensino, que regresou á Eurocup despois de cinco anos, caeu 89-64 en Montpellier na estrea e 83-105 ante o Gorzów no Pazo, nun partido no que chegou ao descanso só cinco puntos abaixo (43-48) e no que Kristin Williams e Andrea Vilaró anotaron 15 puntos cada unha. O Panserraikos, polo seu lado, perdeu 63-87 co Gorzów e 77-96 co BLMA, partido no que Walker asinou 30 puntos.

A liga amosa tamén a dificultade do inicio do Ensino, sexto clasificado da Liga Femenina na pasada campaña. Só sumou unha vitoria en cinco xornadas, tras caer 95-64 en Zaragoza, hoxe líder en solitario con cinco triunfos, e 59-75 ante o Valencia Basket o domingo no Pazo. O Panserraikos suma unha vitoria e dúas derrotas na liga grega, a última por 62-95 ante o Athinaikos, líder da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade