div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Eddy Insua e Violeta Crespo falan en 'Malas pécoras' da súa relación e quecen o ambiente nos xogos e retos da noite

Falarase de ghosting, apertura de relacións, responsabilidade afectiva e experiencias persoais, amais de conversar coa experta en neurociencia Tamara Pazos sobre envellecemento e benestar

csag.gal 04/12/2025 00:01

Santiago, 4.12.2025.-    Tras o éxito da estrea do primeiro ‘talk show’ sobre sexo da TVG, ‘Malas pécoras’ regresa este xoves (22:45 h) cun programa dedicado a como coidarse, deporte, envellecer mellor e, por suposto, ao sexo. Presentado por María Mera e Eva Iglesias, esta edición combinará humor, confesións e divulgación científica, cuns convidados moi especiais: o fisterrán Eddy Insua e a súa moza, Violeta Crespo. A parella, que se fixo famosa no televisivo ‘Gran Hermano’, conta esta noite as súas mellores vivencias e enfróntase a distintos retos, desde ‘O test das Malas pécoras’ ata xogos moi subidos de ton. 

A proposta desta noite comeza cun repaso divertido ás novas sobre amor e convivencia -como o aumento de divorcios nas vacacións ou que porcentaxe das parellas moi activas en redes se declaran realmente felices- antes de dar paso á entrevista máis agardada: Eddy e Violeta revelan detalles da súa relación, falan de celos e da súa vida sexual, e enfróntanse ao famoso test das Pécoras, en que descobren anécdotas persoais e segredos picantes.

No consultorio, presentadoras e convidados responden ás dúbidas da audiencia sobre abrir as relacións, o impacto do ghosting, os límites nas redes sociais e a importancia da comunicación e da responsabilidade afectiva. O xogo co público tamén aporta momentos de complicidade cun diálogo interxeracional entre nai e fillo sobre sexualidade, primeiras experiencias e mesmo a saída do armario e como a viviron.

A parte máis divulgativa corre a cargo da bióloga e experta en neurociencia cognitiva Tamara Pazos, que explica como determinados hábitos inflúen no envellecemento, que actividades favorecen máis ao benestar -deporte, sexo, alimentación ou sono- e como fortalecer o sistema inmune. Tamén aborda se as mulleres necesitan durmir máis e como pode afectar a carga mental no seu día a día.

Para pechar, as Pécoras propoñen un reto tan divertido como atrevido: enviar mensaxes subidas de ton a contactos escollidos ao azar, desde antigos amores ata compañeiros de traballo.

Unha nova entrega máis, o programa quere ser unha festa entre amigas na que rir, aprender e falar sen filtros se converte na mellor maneira de romper tabús; unha cita indispensable o xoves despois do ‘Land Rober + Show’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade