div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

As alpacas chegan a 'Somos animais' nun novo reto para Hugo Cabaleiro

O equipo do programa (22:40 h) trasládase a Campo Lameiro para traballar con estes animais andinos, ademais de abordar tamén os celos dun yorkshire ante a pequena da casa

csag.gal 12/03/2026 00:01

Santiago, 12.3.2026.-  O presentador de ‘Somos Animais’, Hugo Cabaleiro, e o especialista en animais exóticos Óscar enfrontaranse hoxe en Liñariños, no concello de Campo Lameiro, a un dos retos máis singulares da temporada: axudar unha familia co coidado e manexo das súas alpacas. Estes animais, orixinarios dos Andes, poñerán a proba a experiencia do equipo nun caso pouco habitual que demostrará que a convivencia con especies non convencionais tamén require coñecemento, paciencia e técnica.

Mentres tanto, en Pontevedra, Jorge coñecerá a Kiko Hernández, un yorkshire que non leva nada ben a atención que a súa dona lle dedica á súa filla de dous anos. Os celos e os cambios na dinámica familiar serán o punto de partida para analizar como xestionar a chegada dun bebé ao fogar cando hai unha mascota que precisa adaptación.

‘Somos animais’ é un reality que busca ofrecer ferramentas prácticas para solucionar os problemas cotiáns que xorden coa convivencia entre persoas e animais. O programa non se centra unicamente en cans e gatos, senón que abre o foco a cabalos, burros, cabras ou outras especies, amosando casos reais e solucións aplicadas polos mellores expertos en comportamento animal en distintos puntos de Galicia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade