div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A televisiva Chelo García Cortés e o actor Miguel Canalejo conversan sen filtros e participan nas seccións máis atrevidas do 'Malas Pécoras'

A divulgadora científica Deborah García Bello aclarará esta noite (22:40 h) os aspectos máis controvertidos da química do amor: que nos fai namorarnos, que sucede no corpo cando isto pasa e como evolucionan as relacións co paso do tempo

csag.gal 22/01/2026 02:00

Santiago, 22.01.2026.-       A colaboradora televisiva Chelo García Cortés e o actor Miguel Canalejo son os protagonistas da edición deste xoves de ‘Malas Pécoras’, talk show en que as presentadoras María Mera e Eva Iglesias conversan na TVG sen filtros sobre todo o relacionado co sexo e as relacións sentimentais. Chelo e Miguel chegan dispostos a todo, a contar os seus segredos máis inconfesables e a subir a temperatura participando nas atrevidas seccións e xogos do programa. Ambos os dous falarán abertamente de amor, sexo, infidelidades e aprendizaxes vitais. 

Así, a xornalista ofrecerá unha ollada rica e pouco habitual sobre as relacións, marcada por vínculos longos e intensos en distintas etapas da súa vida, reivindicando a admiración, o respecto e o agarimo como piares fundamentais. Pola súa parte, o gañador de ‘Bailamos Celebrity’ compartirá a súa historia de amor actual, chea de anécdotas, humor e honestidade, e reflexionará sobre como cambia o xeito de amar co paso dos anos.

O ‘Malas Pécoras’ desta semana mesturará emoción, ciencia e humor para falar sen filtros do namoramento e das relacións, poñendo o foco nunha pregunta tan antiga coma vixente: de que depende que nos namoremos de alguén e que nos pasa polo corpo cando ocorre? A resposta chegará da man da doutora en química e divulgadora científica Déborah García Bello, que explicará a química do namoramento, que papel xogan a dopamina, a serotonina ou a oxitocina, canto dura esa fase inicial e por que unha ruptura pode provocar dor física real, o fenómeno coñecido como síndrome do corazón roto.

No programa de hoxe tamén participará o público. Así, a parella formada por Sergio e Javi compartirá a súa experiencia cunha app que funciona como un diario compartido que busca consolidar a relación a través de preguntas persoais. O equipo de ‘Malas Pécoras’, con Eva Iglesias á cabeza, porá a proba a ferramenta en directo, con cuestións tan incómodas como reveladoras, para comprobar se realmente serve para coñecerse mellor ou se o amor non entende de aplicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade