A Televisión de galicia retransmitirá todos os partidos de pretemporada do Deportivo - CSAG
A Televisión de galicia retransmitirá todos os partidos de pretemporada do Deportivo
Compostela, Lugo, Oviedo, St. Pauli, Fiorentina e Genoa. Estes son os 6 partidos que xogará o Dépor e que se poderán ver en directo na TVG

Santiago, 07.07.2026.- A Televisión de Galicia retransmitirá toda a pretemporada do R.C. Deportivo da Coruña nun percorrido que levará o cadro herculino por Galicia, Asturias, Alemaña e Italia antes do inicio da temporada oficial de La Liga.
Primeiras citas
O primeiro partido será o sábado 18 de xullo, ás oito da tarde, co encontro que o Deportivo disputará ante a SD Compostela no estadio Vero Boquete de Santiago. Unha semana despois, o sábado 25 de xullo, ás sete e media da tarde, o equipo dirixido por Antonio Hidalgo visitará o Real Oviedo no Carlos Tartiere.
O terceiro compromiso terá lugar en Vilalba, onde o mércores 29 de xullo, ás sete e media da tarde, o Deportivo enfrontarase ao CD Lugo no estadio da Magdalena.
Xira internacional
A xira internacional comezará en Alemaña o sábado 1 de agosto, ás seis e media da tarde, cun desprazamento a Hamburgo para enfrontarse ao FC St. Pauli no Millerntor Stadion. A preparación continuará en Italia con dous encontros de alto nivel: o xoves 6 de agosto, ás oito da tarde, ante a Fiorentina no Stadio Artemio Franchi, e o sábado 8 de agosto, con horario pendente de confirmación, fronte ao Genoa no Stadio Luigi Ferraris.