div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A serie de humor 'Ghuasapp' chega o domingo ao prime time da Televisión de Galicia

A CRTVG organizou este martes unha gala de presentación, en Santiago, en que participou todo o equipo da produción e caras ben coñecidas da canle

As peripecias da familia Freire e o seu grupo de ‘ghuasapp’ son xa un dos contidos de máis éxito da plataforma dixital AGalega e agora dan o salto á TVG

crtvg.gal 05/03/2024 16:53

Santiago, 05.03.2024-    A CRTVG celebrou este martes en Santiago a gala de presentación da serie de humor ‘Ghuasapp’, que chegará ao prime time da TVG o vindeiro domingo ás 22:30 h, coa estrea dos dous primeiros capítulos.

Ao acto, celebrado no Auditorio Abanca, asistiron moitas caras coñecidas da canle e todo o elenco desta comedia sobre a familia Freire, que vive espallada pero en contacto permanente a través dun grupo familiar de ‘ghuasapp’. A gala estivo conducida polo presentador Ricardo Saavedra e nela interviu o director de Contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea.

Protagonizada por Mercedes Castro, Evaristo Calvo, Xoel Fernández, Fernando Tato e María Mera, esta comedia de enredo é nunha produción da Televisión de Galicia e CTV Media. A serie alzouse como un dos contidos máis vistos na plataforma AGalega, en que foi estreada estreada en exclusiva antes do seu salto á grella da TVG.

‘Ghuasapp’ desenvolve as peripecias de Carme, unha muller brava galega, e máis Lolo, un lobo de mar xubilado, que formaron unha familia hai unha chea de anos. Tantos, que agora os seus tres fillos xa son maiores e independentes. Sindo, o máis vello, é empresario, está divorciado e ten unha filla adolescente. Beni, o do medio, é un músico vocacional, pero gaña a vida cun taxi. E Rosa, a benxamina, meteuse a influencer e por aí busca o seu futuro da man de John, o seu marido, un médico co que vive en Londres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade