div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A película 'O soño da sultá', participada pola TVG, gaña o premio á mellor longametraxe de animación no Festival de Bruxelas

Esta coprodución internacional, con factura galega, foi primeiro filme animado europeo en competir na sección oficial de San Sebastián e acumula galardóns a nivel nacional e internacional

Dirixida por Isabel Herguera, está inspirada nun conto feminista indio, e posúe o distintivo
‘Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero’

crtvg.gal 04/03/2024 12:04

Santiago, 04.03.2024.-    O filme ‘O soño da sultá’, participado pola TVG, acadou esta fin de semana o premio á mellor longametraxe de animación na 43ª edición de Anima, o Festival Internacional de Animación de Bruxelas, que se celebrou do 23 de febreiro ao 3 de marzo na capital belga.

A cinta, que tamén competiu na última edición do Festival Internacional de Cine San Sebastián, contou desde o seu lanzamento co recoñecemento da crítica e xa leva recollidos varios galardóns. Ademais de ser a primeira longametraxe de animación europea en participar na sección oficial en San Sebastián, logrou o Premio Irizar ao cine vasco e mais o Premio da Asociación Vasca de Guionistas Euskal Gidoigileen Elkartea, outorgado a Isabel Herguera, directora e guionista da produción, e o seu coguionista, Gianmarco Serra. A nivel internacional acadou o Premio Mellor Coprodución internacional no Festival de Hamburgo e tamén obtivo candidaturas aos premios máis destacados a nivel nacional: os Goya, os Forqué e os Feroz.

‘O soño da sultá’ é unha fabula producida pola empresa galega Abano Producións, que, ademais, contou con dúas animadoras galegas no equipo de traballo. Está inspirada nun conto feminista indio, escrito en 1905 por Rokeya Hossain. A versión de Isabel Herguera conta a historia de Inés, unha directora de animación española que se atopa en Ahmedabad para romper co seu amante indio. Entra nunha librería e sorpréndese ao atoparse cunha novela ambientada nun país imaxinario gobernado por mulleres. Abraiada pola historia e a actitude transgresora da autora, anímase a facer un filme.

A película participada pola TVG é unha coprodución internacional con Alemaña, que contou tamén co apoio de ETB, o Goberno vasco e o ICAA, e coa axuda de Media Creative Europa e da distribución de Filmin. Estreouse o pasado 17 de novembro nesta plataforma e, cun percorrido de máis de 20 festivais nacionais e internacionais, posúe o distintivo ‘Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade