div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Pretty Rober' reúne esta noite algunhas das situacións máis divertidas arredor da mesa e a saúde

A TVG ofrece unha selección de sketchs inspirados no universo gastronómico e hospitalario dos personaxes máis populares do ‘Land Rober’

csag.gal 06/08/2026 00:01

Santiago, 6.8.2026.-   A TVG propón para este xoves á noite ‘Pretty Rober’ (22:20 h), un espazo que recompila algunhas das escenas máis divertidas do universo humorístico do ‘Land Rober’. Nesta ocasión, os sketchs xirarán arredor de dúas temáticas moi propicias para a comedia, como é a gastronomía e o ámbito hospitalario.

Os espectadores poderán gozar de situacións disparatadas relacionadas con restaurantes, convites e todo tipo de experiencias culinarias, así como de historias ambientadas entre consultas, doenzas e imprevistos médicos. 

Nesta escolma de humor non faltarán algúns dos personaxes máis queridos polo público, entre eles o alcalde de Traspazos ou as incombustibles ‘Tardes de Marilú’, como protagonistas dunha velada pensada para seguir gozando do mellor humor da factoría de Roberto Vilar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade