div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'O musical. Mellor á Galega' presenta esta noite a nova programación da Televisión de Galicia

Xosé R. Gayoso, Laura Boado e Arturo Fernández conducen a gala con actuacións musicais, humor, maxia e moitas sorpresas

Un gran musical de dúas horas para dar a benvida ao outono e coñecer as apostas de entretemento, ficción, actualidade, realities, deporte  e divulgación da TVG

csag.gal 11/09/2026 00:01

Santiago, 11.9.2026.-    A gala ‘O musical. Mellor á Galega’ (21:45 h) achegará este venres as novidades, máis dunha ducia, da programación de outono na Televisión de Galicia. A sala Pelícano da Coruña acolleu esta semana o espectáculo, un gran musical que vai amosando as apostas da tempada, con moita música, humor, maxia e o talento dos profesionais da casa. Conducida por Xosé Ramón Gayoso, Laura Boado e Arturo Fernández, e con números musicais inspirados en programas e series da canle, a gala conta coas caras máis coñecidas da Galega.

Entre elas, actúan Roberto Vilar, Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias; os presentadores dos magazines Rocío Durán, Quique Morales, Bernardo Montaña, Fran Cañotas, Marcial Mouzo, Loli Gómez, Eddy Insua e David Vilares. E ata Isabel Blanco e Silvia Jato, presentadoras de ‘Tarde piaches’ nas fins de semana, cantan a ritmo de ‘Grease’. Participan tamén, entre moitos outros os actores e actrices, María Mera, Lucía Regueiro e Luís Iglesia, así como Iago Pico e Nuria Lorenzo, xurados de concursos de talentos, entre outros moitos. 

En ‘O musical. Mellor á Galega’ soarán, amais, artistas galegos como As Pampíns, Kidmount, Ortiga, Dirty Suc, DJ Quique Varela, Antía Muíño, Capitán Sabrosura, María Mera, Aitana del Mar, e Sabela Ramil. E o ilusionista e músico Nacho Samena abraiará os presentes coas súas intervencións de maxia.  Un gran musical de dúas horas para dar a benvida ao outono na TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade