div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Luar' vístese de voda esta noite ao ritmo de Luz Casal, Rosa Cedrón, Treixadura, Chiquita Movida e Javier Ojeda

O programa (21:40 h) recreará o ambiente dunha celebración nupcial, con actuacións en directo, humor, renovación de votos no escenario e un novo duelo en ‘Recantos’

csag.gal 06/03/2026 00:01

Santiago, 6.3.2026.-   ‘Luar’ converterá este venres o seu estudio nunha auténtica festa nupcial cun programa dedicado ás vodas, en que a música, o humor e a tradición se mesturarán para recrear o ambiente dos casamentos. A noite arrincará cun momento moi especial, xa que Luz Casal e Rosa Cedrón unirán as súas voces para interpretar ‘Camariñas’, unha peza popular da música galega que abrirá unha velada cargada de emoción. 

Treixadura, un dos grupos máis representativos da música tradicional galega, pasará polo escenario para achegar o son das gaitas, do acordeón, da percusión e das súas voces, con ‘Caramuxos’ e ‘Muiñeira da Moa’.

Entre os artistas convidados destacan tamén Javier Ojeda, coñecido por ser a voz da histórica banda Danza Invisible, que cantará ‘Una y otra vez’ e, xunto á Banda de Poio, ofrecerá a súa mítica ‘Yolanda’. A noite completaraa Chiquita Movida, o novo grupo de Rayden, composto por cinco madrileños e un galego, que presentarán ‘Te (mayor)’ e ‘Ojos superocho’, temas que forman parte do seu primeiro disco ‘Alta vaina’; a música da Orquestra Finisterre, agora coñecida como Finisterre Project; o ritmo de DJ Sonic e Alejandra Pais; a actuación de Juan G. Álvarez, que traerá ‘O meu Laio’, e o sabor mexicano de Mariachi Vigo.

O humor será outro ingrediente fundamental coa presenza de Carla Núñez e Marcos López, artífices de Todo Mal, e da creadora de contido viguesa María Foscaldo (@meryfos), cuxo alias Virtudes a Repunante triunfa en TikTok.

Co estudio do ‘Luar’ decorado como nunha voda, o programa incluso convidará un matrimonio do público a renovar os seus votos, nun dos momentos máis emotivos da noite. Ademais, o certame ‘Recantos’ vivirá un novo duelo entre Flor Becerra, en representación de Galicia centro, e Rocío Souto, de Lugo centro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade