div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Expediente oculto' analiza hoxe o brutal crime de Poio, co asasinato dun octoxenario a mans das súas coidadoras

O programa lembrará tamén o aniversario do naufraxio do Pitanxo e envólvese do misterio do cemiterio das Almas de Mondariz

csag.gal 09/02/2026 00:01

Santiago, 9.2.2026.-  O programa de investigación ‘Expediente oculto’, que presenta Patricia Abet na TVG, analiza este luns o brutal asasinato de Poio, coñecido tamén como o crime da Thermomix, en que dúas mulleres mataron un octoxenario en febreiro de 2014. A vítima, Secundino Prego, morreu a golpes na súa casa, a tixolazo limpo a mans das súas coidadoras, nun ataque ocorrido en plena madrugada. As asasinas finxiron que Secundino fora vítima dun roubo e, entre as cousas que supostamente se levaran os ladróns, a famosa Thermomix.

O programa lembra tamén o cuarto aniversario do naufraxio do pesqueiro galego Vila de Pitanxo, acontecido o 15 de febreiro de 2022 a 250 millas da costa de Terranova (Canadá). O naufraxio do Pitanxo foi unha das maiores traxedias marítimas de Galicia, coa ferida aínda aberta tras a morte de 21 mariñeiros dos seus 24 tripulantes. As investigacións apuntan a erros humanos por manobras arriscadas e atraso na orde de evacuación. O caso, instruído pola Audiencia Nacional, ten como imputados por delitos de homicidio imprudente o capitán, o seu sobriño e tripulante do buque, e a empresa armadora.

E na parte de misterio viaxamos a Mondariz ata o cemiterio das Almas, un lugar envolto en tradicións que falan de persoas ‘marcadas’ por ver o que non debían e morrer pouco despois.
    
A listaxe de colaboradores e expertos cos que se debullarán estes casos está conformada por Berta Rodríguez, Jorge Melchor, Carlos Fernández, Carlos Tresandí, Juan Pablo Sangiao, Laureano Reclaman, José A. Vázquez e María del Ligero.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade