'A liga dos cantantes extraordinarios' estrea os primeiros duelos e novos desafíos para os seus concursantes - CSAG
'A liga dos cantantes extraordinarios' estrea os primeiros duelos e novos desafíos para os seus concursantes
Esta noite, un espectacular inicio ao ritmo de ‘A saia da Carolina’, un medley cos éxitos dos 70 e 80 e a primeira actuación conxunta de Avi e Fani nesta tempada

Santiago, 10.10.2026.- Arranca o segundo programa de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (21:55 h) cun remix de ‘A saia de Carolina’, un tema para poñer a todo o mundo a bailar, interpretado por grandes artistas, todos eles membros da familia da Liga: Laura Añón, James Llon (Nando Llon), César Romero e Yennia, que acompaña coa súa gaita.
O duómetro falou por primeira vez no programa anterior e decidiu que Avi e Fani cantarán o primeiro dúo da tempada, interpretando neste programa o tema ‘Colgando en tus manos’ de Marta Sánchez e Carlos Baute.
Pero será Clara quen inaugure a competición desta noite. Sairá ao escenario coa canción ‘Stay’ de Rihanna, un rexistro totalmente diferente ao seu debut na Liga, o que fará que o xurado destaque a súa elegancia no escenario e a súa dozura ao interpretar a canción.
Kevin Moreira volve amosar toda a súa enerxía no escenario co tema ‘Ni borracho’. e o xurado proporalle un reto a cumprir nesta edición. A nosa veciña do Bierzo, Ainara, sorprende cantando un tema en galego, ‘Nordés’, conseguindo unha moi boa puntuación por parte do xurado e gabando a súa actitude ao afrontar o reto.
A súa interpretación do tema ‘Canten’ de Polo Montañez, por aparte de Yunier, emociona aos membros do xurado, deixando a Reixa sen palabras. Kiowa, sae ao escenario cunha canción dos Satélites que precisa de moita técnica de respiración. Os membros do xurado aconselláronlle no programa anterior que tiña que aprender a dosificar o aire para non afogar. Hoxe será o momento de poñer en práctica eses consellos.
Xa por último, é a quenda de Jose con ‘Ave María’, de David Bisbal. Carolina comenta que o baile non é o seu forte e Jose dálle a razón, toca practicar. Ademais das actuación dos concursantes, o público vibra cun medley cheo de nostalxia, unha homenaxe aos grandes temas dos 70 e dos 80 interpretados polos padriños (Javier Saavedra, Lito, Blas e Diego Barbazán), e por César Romero. Pola súa parte, Diego Barbazán pon nervioso a todo o mundo asegurando que vai usar a ‘particella’ do roubo.