div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'A grande escolla' pon a Fonsi Nieto fronte a tres xoias clásicas que o reconcilian co motor

Noelia Rey acompaña o piloto nunha viaxe entre velocidade, memoria e emocións, con tres coches clásicos únicos, que conectan co seu pasado persoal e deportivo 

csag.gal 12/05/2026 00:01

Santiago, 12.5.2026-     ‘A grande escolla’ recibe este martes (22:45 h) a Fonsi Nieto nunha entrega marcada pola paixón polos coches clásicos e polas emocións ligadas ao motor. O piloto chega ao noso país, unha terra unida ás lembranzas de infancia e de verán, coa intención de atopar un modelo moi especial que lle devolva parte da adrenalina e da ilusión da competición. Galicia aparece como un lugar propicio para buscar algo que lle devolva parte dese vínculo. A cita con Noelia Rey no Pazo Los Escudos tamén lle esperta lembranzas.

A súa historia co motor vai moito máis alá da afección. Campión de España e subcampión do mundo, a súa traxectoria quedou marcada por un final acedo, un accidente que mudou a súa relación coa velocidade. Sen ideas pechadas, enfróntase a tres propostas moi diferentes entre si, tres bólidos que non deixan a ninguén indiferente. A primeira opción chega da man de Telmo Diz, vendedor de coches de Vigo, que presenta a súa réplica do Cobra 427, un deportivo de 1965, cun motor V8 de sete litros e ata 450 cabalos. Un coche de carreiras que entra polos ollos e polo oído, valorado en 168.000 €.

O cambio chega con Giuseppe Mecca e o seu Fiat 1100, o Millecento. Un modelo de 1954, humilde de tamaño e de potencia, con 36 cabalos, pero cunha historia enorme detrás. O coche, cun prezo de 20.000 euros, abre a porta á historia familiar do coleccionista e á súa sorprendente colección de 30 vehículos clásicos. 

Desde As Neves chega a terceira proposta. Pepe Rodríguez amosa un exclusivo Rosengart Supertraction de 1939, un convertible único, con motor Citroën e carrozaría feita á man, que destaca pola súa elegancia. Un coche valorado en 180.000 euros, pensado para gozar da condución dun xeito completamente distinto. 

Coas tres opcións xa claras, a decisión non é sinxela. O Cobra conecta coa velocidade e coa súa vida como piloto, o Millecento, coa memoria e o afecto, e o Rosengart, coa historia e a elegancia clásica que admiraba o seu tío Ángel. Pero antes da decisión final, chega un momento especialmente emotivo: o neto de Giuseppe aparece cunha Honda NSR moi semellante á que Fonsi pilotaba cando gañou o campionato de España en 1995. Un reencontro inesperado co seu pasado que pode cambialo todo. ‘A grande escolla’ de Fonsi Nieto, este martes ás 22:50 horas na TVG.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade