div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'A Gran Cea' da TVG convida os espectadores a pasar a Noiteboa na compaña dos seus rostros máis coñecidos

María Mera e César Romero serán os anfitrións dunha velada cargada de emoción, risas e moita música (21:40 h)

csag.gal 24/12/2025 02:00

Santiago, 24.12.2025.-    Esta Noiteboa, os espectadores da TVG están convidados a ‘A Gran Cea’. María Mera e César Romero serán os anfitrións da noite nunha gran cea con todos os rostros coñecidos da canle pública galega, e na que participarán os concursantes, os padriños e o xurado de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’. 

No estudio de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ iranse achegando á mesa David Espiño e Rocío Durán, Rocío Delgado e Bernardo Montaña, Fran Cañotas e Lucía Rodríguez, Almudena de Urzáiz e Diego Viaño, a familia de ‘A Choupana’, Rosa Facal e Litos, Alba Mancebo e Aitana del Mar, Eddy Insua e Noelia Rey e Raquel Atanes e David Amor.

Tampouco quixeron perder a cita Rodrigo Vázquez, Roberto Vilar e Eva Iglesias. Amigos e compañeiros todos, que compartirán as mellores anécdotas. Comida, risas e moita música, sobre todo panxoliñas, para que esta noite tan especial ninguén se sinta só.

Nunha noite tan especial non faltará unha importante alusión ás familias. Así, Blas, César Romero e os concursantes atreveranse no escenario con actuacións cos seus pais, irmáns e netos. 

‘A Gran Cea’ será un programa cargado de emoción, onde tamén aparecerán os colectivos das peixeiras, os bombeiros, os médicos e mesmo o equipo feminino do Celta para mandar os mellores desexos neste Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade