Mobilidade

Cortada a A-6 en Baralla polo accidente dun camión que transportaba reses e que deixa dous feridos

23/07/2026 09:53

O vehículo pesado envorcou e obrigou a cortar un dos carrís da autovía en sentido Madrid

As dúas persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario 

O camión quedou practicamente suspendido e algunhas das vacas que viaxaban no interior precipitáronse polo terraplén


Peaxe da AP-9. Audasa

O Congreso aproba o traspaso da AP-9 a Galicia co texto pactado entre PSOE, Sumar e BNG

23/07/2026 17:03

Foron rexeitadas as emendas introducidas polo PP no Senado

O grupo popular rexeitou unha transferencia que -asegura- traerá cargas futuras "incertas" que poden chegar aos 4.000 millóns de euros

PSOE e BNG pídenlle ao PP que non caia na tentación de bloquear a lei e que "non engane á cidadanía" 

Para o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o traspaso da AP-9 tal e como se aprobou "é inaceptable"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegura que se "cumpre cunha demanda histórica"

 


MONBUS

A Xunta reforza liñas pola eclipse e pide mercar os billetes con antelación

23/07/2026 13:24

Monbus e Arriva intensifican os seus servizos de autobús 

A CSAG prepara unha programación especial para seguir a eclipse en TVG, Radio Galega, G24 e AGalega.gal, onde haberá un canal en exclusiva desde o 10 de agosto para coñecer todos os detalles deste fenómeno astronómico


Europa Press

Abre ao tráfico un novo treito da autovía que une Santiago coa Estrada

21/07/2026 20:57

Ponse en funcionamento o treito de 3,5 quilómetros da AG-59 que une A Ramallosa con Pontevea

O presidente da Xunta destaca que esta infraestrutura permite aforrar tempo e mellorar a seguridade 


A Coruña, Cambre, Oleiros, Arteixo e Culleredo avanzan nun servizo metropolitano de taxi

22/07/2026 13:16

Taxistas e os concellos, favorables a perfilar os detalles da posible área compartida de taxis

O servizo de transporte de taxi común entre os cinco concellos debe ratificalo a Xunta

A área compartida implicaría modificar e unificar tarifas entre os cinco concellos



Europa Press

O Goberno activa o Plan Auto+ con axudas de ata 4.500 euros para a compra de coches eléctricos

21/07/2026 16:40

O orzamento é de 400 millón

Ten on efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2026

As persoas físicas só poderán solicitar unha  única axuda por vehículo e as empresas permíteselles para ata máximo de dez modelos coches


Nace unha iniciativa transfronteiriza para transformar a loxística ferroviaria en Galicia

Galicia, Castela e León unen forzas para impulsar o transporte ferroviario de mercadorías

21/07/2026 14:20

Poñen en marcha unha iniciativa transfronteiriza para o desenvolvemento do Corredor Atlántico Noroeste

Porase en marcha unha oficina técnica para asesorar ás empresas 

A Xunta advirte que a caída nos investimentos nesta infraestrutura pon en risco cumprir cos obxectivos previstos para 2030


Garda Civil/Ministerio do Interior

Detido un veciño de Outeiro de Rei cando conducía un ciclomotor sen ter o carné e portando 800 g de haxix

21/07/2026 12:00

Finalmente, o home foi condenado pola autoridade xudicial a oito meses de prisión e ao pago dunha multa de 1.400 euros


REUTERS

Irlanda prohibirá o uso de patinetes eléctricos aos menores de 18 anos

21/07/2026 11:24

A medida entrará en vigor en agosto e impoñerá así mesmo a obrigatoriedade do uso de cascos e chalecos de alta visibilidade para todos os usuarios

O primeiro ministro irlandés, Micheál Martin, adiantou hoxe que ademais se lexislará a final deste ano para considerar os patinetes eléctricos como vehículos de propulsión mecánica, o cal obrigará os seus usuarios a obteren unha licenza e matriculalos

Categorías:  Mundo   Mobilidade

(Foto de arquivo/Europa Press)

Vueling sumará un novo avión á súa frota de Santiago o próximo verán

17/07/2026 19:37

Chegará un ano despois de que, neste verán, sumasen un avión para reforzar a súa operativa desde Santiago, que se consolidará tamén durante o inverno


Remata a modernización de varios túneles do porto de Pedrafita e do de Montefurado, cun investimento de 25 millóns

17/07/2026 13:14

Entre as principais actuacións executadas, Transportes destaca a instalación de novos sistemas de ventilación e de detección e extracción de fumes

Categorías:  Galicia   Lugo   Mobilidade
Etiquetas:  TRANSPORTE   TÚNEL

Can. Foto de arquivo / EuropaPress

Renfe permitirá viaxar con cans de ata 40 quilos en todos os seus trens

17/07/2026 11:01

Os cans ocuparán a praza interior xunto ao portelo, ao lado dos seus donos, que os deberán levar cunha correa non extensible de 1,5 metros e coa boceira posta tanto na estación como no momento do embarque e o desembarque do tren

O dono deberá viaxar coa documentación oficial en regra: cartilla de vacinación actualizada ou o pasaporte europeo para animais de compañía e mais un kit de limpeza 

Categorías:  España   Mobilidade
Etiquetas:  TREN   RENFE   CANS

A apertura total da autovía Lugo-Santiago segue sen concretarse

16/07/2026 14:48

En maio o delegado do Goberno dicía que esta autovía abriría na súa totalidade este verán, o último tramo que queda por finalizar é o que une Arzúa con Melide

 As obras desta autovía comenzaron no 99 e é unha das infraestruturas de toda España que máis anos acumula en obras e prórrogas

 


Os madrileños que visiten Galicia non poderán gozar dos beneficios do transporte público

16/07/2026 14:29

A Comunidade de Madrid non acepta a reciprocidade que exixía a Xunta


Un incendio forestal en Crecente obriga a suspender a circulación de trens entre Vigo e Ourense

15/07/2026 20:22

O lume orixinouse sobre as 17,26 horas, permanece activo e afecta a unha superficie de entre seis e sete hectáreas


Europa Press

Inaugurada a estación de carga de coches eléctricos máis grande de Galicia na AP-9 en Culleredo

15/07/2026 17:33

O ministro de Industria reivindicou o futuro do coche eléctrico en España

Nas próximas semanas entrará en servizo outra estación tamén na AP-9 en San Simón


David Zorrakino - Europa Press

A gasolina encarece en España ata 1,55 euros o litro, o seu prezo máis alto desde maio

15/07/2026 15:30

Os carburantes máis caros rozan os 2 euros

O diésel antes de impostos págase este martes un 3,8% máis barato ca o mes anterior


Alfonso Rueda e Félix Juncal na sinatura do convenio (EFE/Salvador Sas)

Bueu encara a maior transformación urbana da súa historia

15/07/2026 14:39

O convenio asinado pola Xunta e o Concello permitirá transformar a rúa Pazos Fontenla nun "bulevar accesible, verde e seguro"


A estación intermodal de Lugo acumula atrasos

15/07/2026 14:24

Nos próximos días está previsto que reabran os accesos á zona

Publicidade
Publicidade