Enerxía e Consumo
As grandes empresas advirten dunha caída do consumo pola inflación e a suba do prezos
22/10/2026 14:34
Reclaman a redución dos impostos dos alimentos básicos e as subministracións enerxéticas
Coa chegada do frío dispárase a demanda de mel
22/10/2026 14:11
Para asegurarse de que o produto é auténtico, cómpre mercarllo a un apicultor de confianza ou que teña o selo de Mel de Galicia
Os carburantes encadean tres semanas de caídas e a gasolina acumula un abaratamento de máis do 8 %
22/10/2026 11:29
Encher un depósito medio de 55 litros de diésel ten un custo de 103,89 euros, uns 26,54 euros máis que hai un ano
O Concello de Ourense aproba unha tarifa de 7 euros na terma das Burgas e propón pagar noutras
20/10/2026 14:32
O pleno do Concello aprobou inicialmente a ordenanza para comezar o cobro cando abran as instalacións
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou tamén a súa intención por cobrar nas termas públicas agora gratuítas
A calor deste outono complica as vendas do comercio de temporada
19/10/2026 20:14
Con temperaturas por riba dos vinte graos en pleno mes de outubro, a temporada de outono no acaba de arrincar no comercio
As tendas de roupa e calzado lamentan que están a perder un dos mellores meses do ano
Un bazar rural de Castro de Rei arrasa nas redes cos vídeos sobre os seus produtos
19/10/2026 19:44
Levan 55 anos co negocio, pero desde hai un, son o bazar máis viral das redes
Saltaron a fama polos sketches humorísticos que os seus empregados crean para vender os seus produtos, os seus vídeos superan o millón de visualizacións
As marcas presentan as tendencias en mobilidade sostible no Salón do Automóvil de Ourense
18/10/2026 21:39
A cita desta fin de semana volveuse un escaparate do máis completo para comparar prezos
Pecha sen previo aviso unha clínica dental en Moaña
16/10/2026 14:49
A clínica Kerme leva dúas semanas sen abrir e sen contestar as chamadas e mensaxes dos seus pacientes
Os afectados están buscando saída legal ao seu problema, moitos deles con tratamentos a medio facer
Chegan as chamadas comerciais con prefixo 400 entre peticións de máis controis
16/10/2026 09:13
A nova numeración, composta por nove cifras que comezan por 400, será obrigatoria para as chamadas comerciais das empresas suxeitas á Lei de Servizos de Atención á Clientela
A OCU cre que a nova numeración achegará transparencia e poderá axudar a conter o problema do spam telefónico ao permitir bloquear as chamadas comerciais por parte dos operadores de telecomunicacións e de aplicacións móbiles
O Bono Comercio de Lalín mobiliza 71.000 euros en vendas en menos de tres días
15/10/2026 14:20
Os bonos, con descontos de ata 30 euros, están a piques de esgotarse
A iniciativa busca dinamizar o comercio local
Os carburantes abaratan ata un 3,24 % esta semana e consolidan as súas caídas polo efecto fiscal
15/10/2026 11:04
No que vai de outubro, a gasolina caeu un 7,8 % e o diésel un 4,5 %
Os propietarios galegos consultan como lles afectan os decretos de vivenda
14/10/2026 14:34
Máis de 4.000 vivendas saíron do mercado de alugueiro en España dende que se anunciaron os novos decretos de vivenda, segundo os datos da Federación de Asociacións Inmobiliarias
En Galicia, foron moitos os propietarios que tamén optaron por agardar ata coñecer ben os detalles da nova normativa
Os prezos subiron en setembro un 5,5 % en Galicia, a comunidade co IPC máis alto
14/10/2026 09:25
A media do IPC de España situouse no 4,9 %, cunha forte suba impulsada polo incremento dos prezos do transporte e a vivenda
O desconto de 20 céntimos por litro de gasolina e diésel manterase en novembro
14/10/2026 09:45
O INE publicou este mércores os datos de inflación de setembro, un mes no que o gasóleo encareceu un 34 % e a gasolina un 27 %, moi por encima do limiar do 15 % que fixara o Goberno
Calefacción comunal: unha caldeira de biomasa dá servizo da 34 casas de Monterrei
13/10/2026 14:37
Os veciños de Infesta xa están preparados para afrontar o inverno estreando o novo sistema de calefacción
Expendedoras para todo: colocan dispensadoras de marisco conxelado en aparcadoiros de Vigo
12/10/2026 08:43
Unha empresa de estacionamentos instala dezanove máquinas que ofrecen tamén produtos para mascotas
Este sistema de venda triunfa na cidade con outras mercadorías atípicas: dende pomadas a artigos para a pesca
A ponte deste 12 de outubro remata este luns cun 80 % de ocupación hostaleira de media en Galicia
12/10/2026 13:47
En Santiago de Compostela os hoteis estiveron completos
12/10/2026 19:53
Co envellecemento da poboación cada vez hai máis xente nas aldeas que merca a leña
Unha empresa de Trasmiras dedícase a cortar, secar e rachar a madeira para vendela xa lista para queimar
A clientela que xa é fixa, adoita reservar xa dun ano para outro
Turismo de Galicia prevé unha ocupación media do 80% na ponte do Pilar
10/10/2026 20:31
O clúster agarda picos de ata o 90% grazas ao bo tempo e as festas previstas
Establecementos de cidades como Lugo ou Santiago xa colgaron o cartel de completo
O Banco de Alimentos recupera os excedentes de peixe e marisco de Conxemar
09/10/2026 13:08
Recolleron máis de 4.000 quilos de alimentos
É o terceiro ano que fan esta mobilización solidaria evitando, ademais, o desperdicio de alimentos