Audiovisual

(EFE/Fernando Villar)

Oliver Laxe presenta 'Hu/هُوَ. Bailade coma se ninguén vos vise' no Raíña Sofía

16/12/2025 16:23

O proxecto combina material da rodaxe da súa película Sirat con música electrónica e vídeos dunha viaxe por Irán


(Europa Press/Claudia Alba)

Luís Tosar, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

16/12/2025 12:59

O Goberno aprobou a concesión na xuntanza deste martes do Consello de Ministros

De Tosar destacan que "é un dos actores máis sólidos e versátiles do cinema español" e que "construíu unha filmografía marcada por personaxes intensos, complexos e memorables, interpretados con forza emocional e rigor técnico"


'Rondallas', unha película dun pobo que sabe superar a traxedia facendo comunidade

15/12/2025 20:30

'Rondallas' é a historia dun pobo que sabe superar a traxedia dun naufraxio facendo comunidade grazas ao rexurdir dunha rondalla

Rodada na Guarda, conta cun elenco de actores galegos entre os que se atopan Carlos Blanco, Javier Gutiérrez, María Vázquez ou Tamar Novas, entre outros

Dirixida por Daniel Sánchez, o filme chegará as salas este un de xaneiro

 

Categorías:  Audiovisual

Rob Reiner e a súa dona, Michel, nunha imaxe de arquivo (Reuters/Aaron P. Bernstein)

Atopan mortos o cineasta Rob Reiner e a súa dona e deteñen o seu fillo como sospeitoso

15/12/2025 11:26

O actor e director e a súa parella, Michelle, fotógrafa e produtora, foron localizados degolados no seu domicilio


Oliver Laxe está pensando en rodar a súa próxima película no Amazonas tras o éxito de "Sirât"

14/12/2025 19:39

O director galego asegura que no novo filme vai dobrar a aposta de Sirât

O martes sábese se Sirât segue na carreira aos Óscar


Enma Lustres, produtora galega, é a primeira muller en recibir a medalla de ouro dos premios Forqué. EFE/Daniel González.

A produtora galega Emma Lustres recibe a medalla de ouro dos Premios Forqué

13/12/2025 20:42

'Decorado', a película dirixida por Alberto Vázquez levou o premio á mellor longametraxe de animación

'Sirat', de Oliver Laxe, candidata á mellor longametraxe de ficción competiu con 'Sorda', o filme con máis candidaturas e o premio foi para 'Los Domingos'


Emma Lustres: "Sorprendeume a chamada e o premio foi toda unha satisfacción por ser muller e romper ese teito de cristal"

13/12/2025 11:30

Emma Lustres recibe este sábado a Medalla de Ouro dos Premios Forqué pola súa traxectoria 

Vaca Films comezou a funcionar en 2003 fundada por Emma Lustres e Borja Pena

Títulos como 'Cela 211', 'O descoñecido', ou 'Quen a ferro mata' afianzaron a produtora

'Cela 211' foi o seu primeiro grande éxito en premios e recadación, con 13 millóns de euros no despacho de billetes

Falamos con Emma Lustres, produtora e cofundadora de Vaca Films
 

Categorías:  Audiovisual

'Fomos ficando sós', un documental de memoria, lembranza e relación entre pai e fillo no Gran Sol

12/12/2025 21:30

Como dicía Bernardino Graña, para facer poesía do mar hai que embarcar. E precisamente un verso, neste caso do gran poeta do mar da literatura galega, Manoel Antonio, dálle o título ao documental de Adrián Canoura en que o creador embarca co seu pai ao Gran Sol 

'Fomos ficando sós' fala da experiencia da navegación, da vida mariñeira, da memoria, do recordo e da relación entre un pai e seu fillo 

Categorías:  Cultura   Audiovisual

Ángel Santos: "Para min facer películas ten que ver con facerse preguntas. Este filme interrógase así mesma"

12/12/2025 21:30

'Así chegou a noite' estreouse no Fesitval de Cine de Xixón onde gañou o Premio a Mellor Dirección

O filme pecha o Festival Novos Cinemas este sábado no Teatro Pincipal de Pontevedra 

Denis Gómez, Violeta Gil e Miquel Insua protagoniza este filme sobre ataduras existenciais e a necesidade de illamento
 

Categorías:  Audiovisual

Vai rañala, raparigo: o idioma demostra que hai expresións galegas que resisten aos estranxeirismos

12/12/2025 15:45

As redes sociais provocan que termos ingleses sexan habituais en distintos ámbitos

A dobraxe fixera populares frases e palabras que agora algúns non coñecen

Publicidade
Publicidade