Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan varios mozos que non podían volver a terra nunhas pedaletas en Rianxo

Rescatan varios mozos que non podían volver a terra nunhas pedaletas en Rianxo

O forte vento arrastrou as pedaletas lonxe da beira

É o segundo suceso en tres días na praia de Tanxil relacionado coas pedaletas 

Arquivo
G24.gal 07/07/2025 19:35

Varios mozos foron rescatados na tarde deste luns ao ter dificultades para volver a terra mentres navegaban en tres pedaletas na praia de Tanxil, Rianxo (A Coruña).

Segundo o 112 Galicia, sobre as 17:10 horas recibiron unha chamada dun particular dicindo que estas persoas non podían achegarse á costa.

O forte vento do norte arrastrábaos para mar aberto, sen que puidesen saír da auga. Foi Protección Civil xunto con varios membros do Náutico de Rianxo os que lograron traelos de volta.

" A media tarde, facía moitísimo vento e tres pedaletas comezaron a irse, a irse, a irse... Unha delas estaba máis controlada, máis preto da area, e outras dúas estaban moi lonxe, case nin se vían", comenta unha testemuña.

Este xa é o segundo suceso coas pedaletas da praia de Tanxil en tres días.

"Aquí é algo que sendo moi frecuente, xa que estes días está habendo bastante aire e hai moita corrente", argumenta Paulo Domínguez, integrante da Protección Civil de Rianxo. 

Mobilizáronse efectivos da Garda Costeira Galega, de Salvamento Marítimo, a Garda Civil, da Policía Local e o persoal de Protección Civil de Rianxo. Foi este último quen recolleu os mozos e se encargou de levalos a terra.

Aseguran que se van tomar medidas para evitar estes casos, coma pechar o posto das pedaletas os días que faga moito vento.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade