Alalá
Zurrumalla
21/04/2012 22:05 h
Un grupo de amigos que se deron en chamar Zurrumalla, xuntáronse no ano 2000, porque se coñecían, porque conxeniaban, porque os seus gustos musicais estaban preto e o mais importante, porque todos son uns músicos fóra de serie, de talento e cunha longuísima carreira detrás. Así, pouco a pouco, crearon un pequeno universo arredor da música da terra e o que mais lle gusta no mundo é armala e ben gorda a pode ser!
O que había e... O que hai, que así se chama o seu traballo discográfico, fíxose derogar e moito! Non é de extranar porque aquí vai o froito de mais de dez anos de xuntanza, festas, de recollidas, nostalxia, composición propia … E agardaron tanto que o material non collía nun e editaron un doble CD, de aí o título do álbum.