CRTVG

Buscar

Alalá

Xosé Casal

28/04/2012 22:05 h

Xosé Casal é un artista en toda a acepción da palabra. E complicado saber no que destaca porque é polifacético. O que si podemos dicir é que a musica tradicional e as artes en xeral formaron parte da súa vida.

Estudou debuxo artístico e pintura na Coruña, onde reside desde rapaz e sempre levou a música da gaita no seu corazón. Desde os catorce anos, cando se namorou do folclore, non deixou a súa carreira imparable. Formou moitísimas agrupacións e destacamos o seu labor de aprendizaxe, a de compositor (xa que escribiu máis de mil pezas) e actualmente é Director do Orfeón de Curtis.

Foi profeta na súa terra e tamén fóra dela xa que levou a música polo mundo adiante e admirárono alá onde foi. Acadou moitísimos premios: con Brisas da Cruña, cos Gaiteiriños; cos distintos coros en que estivo e mesmo como cantante porque a súa voz é un auténtico prodixio.

A pintura é outra das súas paixóns, leva toda a vida pintando e só lle queda unha pequena frustración, non poder marchar estudiar á Escola de Bellas Artes a Madrid. A súa paciencia e delicadeza fan que capte a esencia da persoa nos retratos e que plasme a beleza das paisaxes cun realismo incrible.

Conseguiu transmitir a familiares, alumnos e amigos o seu interese pola música. Escribíu dous libros, gravou discos -un deles en solitario- e o seu amor, dedicación, constancia e esa personalidade arrolladora fano único. 

 

Atopar capítulo por: