Alalá
Xocas
A paixón que senten algunhas persoas pola nosa música non deixa de sorprendernos. Este é o caso de Xoaquín Míguez, mais coñecido como O Xocas. Naceu nas Muras, no Concello de Pazos de Borbén, e adorou a música, a de gaita sobre todo, desde que era un cativiño. O seu pai tamén era gaiteiro e a súa familia non quería que tocara porque pensaban que podía “enfermar do peito” de tanto soplar. O Xocas non foi capaz de obedecer nunca a esta petición dos pais e, con dez anos, fundou o seu primeiro grupo: “Los Infantiles de las Muras”, que asinaron o seu primeiro contrato para unha actuación.
Aos catorce anos emigrou ao Brasil e na viaxe foi tocando a gaita. Desde sempre foi un rapaz inquedo e cando volveu a Galicia non parou, levou a música da gaita ata Inglaterra, Canadá ou as Bermudas e un bo día comezou a construir unha bancada de madeira á que lle acoplou un torno e nese momento inciouse na súa etapa de artesán. Comezou a fabricar gaitas e algunhas son pezas únicas que namoraron aos mellores gaiteiros como Moxenas.
Nunca deixou o mundo da música: investigou, deseñou novas ferramentas, novas palletas -como a palleta de chaleco- e unha chea de novidades para mellorar a sonoridade da gaita. Pero non deixou de tocar nunca e segue a tocar e a compoñer pezas. A última que fixo foi a que adicou á súa netiña, Antía.
Por si esto fose pouco hai que engadir a súa faceta de mestre, forma parte de xurados, dá conferencias e colabora en todo o que pode, en Galicia e fóra dela. Despois de tantos anos, coñece tódolos segredos da gaita e está disposto a enseñarllos a quen queira escoitalo.