Larpeiros
Larpeiros
06/07/2015 22:00 h
Benigno proporá facer para o xantar un guiso de xamón fresco en salsa de améndoas, un guisiño cunha salsa de festa que os cociñeiros van acompañar cun arroz á altura da ocasión. Pero este non vai ser o único prato de noite que terá como ingrediente fundamental esta prezada parte do porco, xa que Merchi e Leni prepararán un pionono de xamón.
Unha vez decidido o xantar, será, coma sempre, a quenda de Adrián, que se desprazará nesta ocasión ata Sarria, onde, cos sabios consellos de Mónica, aprenderá a elaborar uns embutidos de categoría coa carne dos porcos celtas. Terá que traballar duro se quere levar uns embutidos de primeira para o aperitivo dos “Larpeiros”.