CRTVG

Buscar

Alalá

Xaime Estévez

23/06/2009 22:05 h

Xaime Estévez iniciouse na música nos anos 70 e, dende os primeiros anos, a súa carreira como músico, docente e investigador foi meteórica: con só 18 anos foi o segundo mestre de gaita de conservatorio da historia de Galicia. Máis tarde nos 90 fundou o seu propio conservatorio en Vigo, publicou numerosos estudos e no 2006 doutorouse ca seguuinte tese: “As gravacións da música galega dende 1975 ata o 2000”.

As cifras do traballo son incríbles: Case 500 e 10.000 temas. Unha recopilación na que podemos coñecer as tendencias da música galega neses anos: Os discos de fins dos setenta de “Fuxan os Ventos” ou “Milladoiro”; o pop galego tamén nos 70 do grupo “Los Tamara”; grandes éxitos como o de Andrés do Barro; solistas moi comerciais e coñecidos como Juan Pardo ou Ana Kiro; a movida dos 80 cos “Resentidos” de Antón Reixa e o famoso “Galicia Caníbal” ou o rock bravú dos 90 dos “Doplomáticos de Montealto”... En fin, que nas case tres mil horas de traballo que Xaime empregou na tese hai de todo, unha clasificación de material gravado coa finalidade da posta en valor dun dos máis grandes patrimonios culturais: a música.

Atopar capítulo por: