Larpeiros
Verdinas con ameixas e peixe sapo, alagostado, con chícaros
Chega o bo tempo e, como é habitual, os Larpeiros comezan a pensar en cousas verdes, coma chícharos, espárragos trigueiros, acelgas, leitugas... Neste programa as protagonistas son as verdinas. Aos “Larpeiros” gústalles toda a familia das fabas e dos meixóns. Pero as verdinas, esas fabas pequenas e verdes, son a súa debilidade.
Como van moi ben cos mariscos e aproveitando que Lola traerá unhas ameixas do mercado, Carlos propón facer como primeiro prato unhas verdinas con ameixas. Xa que o primeiro vai ser tan verde e rico, Benigno non quere ser menos e preparará nesta ocasión unha receita tradicional á que pensa darlle un aire novo e orixinal: peixe sapo alagostado con chícharos.
Nesta ocasión, o destino de Adrián será O Morrazo, onde, da man de Carlos, coñecerá todos os segredos dunha horta ecolóxica. Ademais de traballar na terra, terá que vender as froitas e verduras no mercado e demostrar todas as súas habilidades como tendeiro.