Alalá
Uxía
“Crea escribindo palabras e músicas que sempre saen do máis profundo e íntimo do ser, da alma”. Nesta frase resúmese o traballo constante durante vintecinco anos dunha triunfadora alá onde vai.Falar de Uxía Senlle e falar da voz, sen duda unha das máis valoradas e fermosas da nosa língua.
Unha voz feminina que leva viaxando polo mundo unha chea de anos. É o resultado da experiencia da súa vida. Na súa traxectoria musical hai moitos elementos: a esencia das cantigas que cantaban as mulleres galegas desde hai séculos, as voces dos poetas, das poetisas, as da súa familia... e todo isto mesturouno moi ben con artístas de tódalas procedencias. Compuxo, creou, reivindicou e o que sempre fixo foi cantar. Co paso dos anos xa non hai nada que se lle resista, nin nada que pareza imposible de facer, por exemplo pode reunir nun espectáculo bautizado co nome de “Cantos na maré” a un montón de músicos galegos, africanos, portugueses, caboverdianos, angolanos... un encontro entre culturas do mundo lusófono. Pode fusionar flamenco con música tradicional galega; as súas colaboracións con recoñecidos artístas nacionais e internacionais é habitual. Uxía sempre está onde a chaman e no momento oportuno e sempre atopa tempo para vivir por e para a música.
Dende Foliada de marzo, o seu primeiro traballo, pasaron infinidade deles: dous discos co grupo “Na Lúa” e logo retoma a súa carreira en solitario. En cada traballo aporta algo distinto. Con “Entre Cidades” pasea con aire pop polas cidades do mundo; “Estou vivindo no ceo” ábrelle as portas ás xiras internacionais; un disco moi persoal é a “Danza das Areas” e no seu último disco “Eterno Navegar”percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos. Na actualidade xa está a traballar no seu próximo disco.
Colabora, compón, escribe, produce, dirixe e participa en ducias de proxectos artísticos, sube ó escenario sola ou acompañada por Europa e Latinoamérica e conquista ó público alá onde vai.Despois destes vintecinco anos Uxía cóntanos como foi esta aventura chea de emocións.