CRTVG

Buscar

Alalá

Uruguai (I)

24/11/2008 22:05 h

Uruguai foi durante moitos anos coñecido como “a Suíza de América”. Un país próspero que atraía a moitos dos emigrantes galegos que embarcaban con rumbo ao Río da Prata. Os galegos que se asentaron alí atopáronse cun país pequeno, pero cheo de riqueza. Foron en xeral ben acollidos e sentíronse cómodos co carácter humilde e tranquilo dos uruguaios, semellante ao noso.

Nese contexto desenvolveron unha cultura propia, que tivo un dos protagonistas máis relevantes no gaiteiro Celestino Pichel, que lles ensinou a tocar este instrumento a moitos nenos. Entre os seus alumnos destaca Carlitos, o seu predilecto, considerado por moitos o mellor gaiteiro novo que hai hoxe no Uruguai.

Carlitos dirixe hoxe a única banda de gaitas que hai no país, a Banda de Gaitas Irmandade, do centro Valle Miñor. Nela toca Santiago Acosta, un rapaz que con só 12 anos e sen ningún antecedente galego, é outra das grandes promesas da música galega no Uruguai.

Atopar capítulo por: