CRTVG

Buscar

Alalá

Ultreia

20/03/2007 22:05 h

Neste Alalá descubrimos instrumentos tan curiosos como a folla de hedra, o rabel ou a gaita de barquín; a vistosidade dos traxes de garda e de cotío, os bailes das distintas provincias e as formacións musicais propias de cada época.

Nisto consiste o concerto didáctico que Ultreia leva varios anos representando para os rapaces das escolas, para achegarlles a inmensa riqueza do folclore galego. O Obradoiro de cultura tradicional Ultreia, un dos grupos máis destacados na investigación e na escenificación do folclore galego, naceu hai catorce anos e desde entón é un dos grupos máis aplaudidos tanto polo seu labor de investigación como pola espectacular posta en escena.

Coñeceremos ós seus compoñentes, xente nova pero con moita veteranía no mundo do folclore. Son estudantes, amas de casa, perruqueiros, artesáns, doutores en ciencias, nais e pais, que se senten na súa salsa, tanto nos ensaios como nas recollidas que fan polas diferentes aldeas de Galicia na procura dos segredos musicais dos máis vellos. O tempo que lle dedican a Ultreia róubanllo á familia, ós amigos e ós traballos, pero basta con ver o que disfrutan tocando e bailando para entender que lles paga a pena.

Atopar capítulo por: