CRTVG

Buscar

Luar

"Tópicos galegos", con Luar na Lubre, El Consorcio e o tenor asturiano Joaquín Pixán

27/05/2016 22:00 h

O grupo folk Luar na Lubre, que virá presentar o seu novo disco, “Extra:Mundi”, co que celebra o seu 30º aniversario. 
O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, Matilde Vázquez e Rocío Barrio contará tamén coa presenza do emblemático grupo El Consorcio, herdeiro de Mocedades, e do tenor asturiano Joaquín Pixán, que conta cunha longa carreira como cantante e xestor musical.
Por outro lado, aínda coa resaca da celebración das Letras Galegas, o programa recibirá a visita de Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, que presentarán temas de “A voz do vento”, un proxecto que musica, en clave de rock, funk, folk e blues, 11 poemas de Manuel María.

Atopar capítulo por: