CRTVG

Buscar
Máis candidaturas para suplir a Gayoso

Máis candidaturas para suplir a Gayoso

22/09/2023 - 22:00 h

Luar

Horas de emisión:

Ve
  • 22:00

Espectáculo que ten como piares as actuacións musicais, o humor e a fórmula de poñer no escenario a tradición musical galega a carón de artistas nacionais e internacionais de gran nome da man de Xosé Ramón Gayoso

Luar é o único programa do seu xénero en todo o panorama da televisión estatal que abrangue arredor das catro horas en directo.

O programa musical e de humor da TVG converteuse tamén nunha plataforma de promoción tanto do novo talento musical como do humorístico de Galicia. Proba disto son os concursos 'Canteira de cantareiros' ou 'Recantos'.

Ademais, en Luar deron os seus primeiros pasos profesionais cantantes como Lucía Pérez, parellas de humor como Os Tonechos ou Mucha e Nucha, e artistas como Luís Tosar, Paula Vázquez, Luís Zahera ou Patricia Pérez, entre outros.

Luar á carta