CRTVG

Buscar

Alalá

Susana Seivane

06/05/2010 22:05 h

Para poder sobrevivir e permanecer no tempo, a música tradicional tivo que ir adaptándose. Un dos grandes cambios foi o papel da muller, xa que antes tocaban pandeiretas, latas, pandeiras... pero non era habitual que unha muller tocara a gaita. Hoxe afortunadamente si. E ademáis as novas gaiteiras fan “falar a gaita” con tanto éxito coma os homes. 

A protagonista desta entrega de Alalá é unha muller, unha muller gaiteira que triunfa en todo o mundo, Susana Seivane. Empezou a tocar con 3 aniños, influenciada por seu avó e seu pai. Cando a levaban a algún concerto ou festival, aquela nena soñaba con que algún día ela subiría tamén a un escenario. O soño cumpríuse e impresionounos a todos.

Xa vai polo cuarto disco: “Os soños que volven”, no que rescata aqueles temas que aprendera de nena, temas vellos que soan a futuro e que suxiren momentos e lugares de especial trascendencia na súa vida.

Susana amosa a súa cara mais sensible, familiar, divertida e apaixoada con todo o que fai. Falaremos con ela da súa traxectoria musical, da vida, das sensacións, dos seus hobbies, dos soños que volven e dos que virán.

Atopar capítulo por: