CRTVG

Buscar

Luar

Soraya / Manuel Carrasco / María Chenlo

15/11/2013 22:00 h

  Soraya interpreta temas do seu novo disco: "Universe in me", onde a cantante estremeña segue a apostar polo dance. Manuel Carrasco fai unha parada na súa xira para presentar "No dejes de soñar", o tema de cabeceira do seu novo disco, o oitavo nos seus dez anos de carreira musical.

  O elenco de artistas complétase coa orquestra Marazul, a Banda de Música de Meira, a agrupación folclórica Xistra de Pedrafita, o grupo de voces de canción popular Escolma de Meus, e María Chenlo, que interpreta un tema con Soraya ao final do programa.

  O humor chega con Moncho Borrajo, Mofa e Befa e Fran Rei e Pedro Brandariz, de Os sete magníficos mais un.

   No concurso "Vai de Gaita" enfróntanse Andrea Hermida e Santiago Lage, mentres que en "Recantos" é a quenda de Anita, que representa a Terras da Coruña, e de Gaspar Ethan, de Ourense sur.

Atopar capítulo por: